A praia de Barraña e o seu largo paseo marítimo son unha ventá ao mar cunhas agradables vistas da ría de Arousa. Para os máis deportistas, este paseo é como un polideportivo ao aire libre, xa que ten campos de fútbol e volei - praia, carril - bici, un parque biosaudable, un área de adestramento e todo un espazo para correr. A praia é escenario de probas de duatlón e triatlón. Cando camiñes por este paseo, daraste conta de que está pensado para persoas acostumadas a practicar unha ampla variedade de actividades deportivas que teñen o mar como testemuña de excepción.
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida.